Sunday 08 de September de 2024

A Xunta participa na décima edición co camiño da diversidade da Fundación Indaga


O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, acompañou aos participantes na saída da andaina

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey participou hoxe no X Camiño da Diversidade da Fundación Ingada, que ten como obxectivo potenciar os valores de solidariedade, compañeirismo, respecto e vida saudable. O director xeral estivo na saída da andaina dun pequeno treito do Camiño de Santiago, desde a praia de Langosteira ata o faro de Fisterra.

Jacobo Rey destacou a importancia deste tipo de actividades para concienciar sobre o respecto da diversidade de cada persoa, sen exclusións, e fomentar a integración e desenvolvemento digno de todos.